CELESTINO TARAMBAINAS
NÚÑEZ ÁLVAREZ, MARÍA LUISA
Celestino vive nun alpendre ao pé do río, fai
castelos de xeo, abraza as árbores e dorme baixo
as estrelas. A súa única compañía é Rosamunda,
pequena coma unha libélula e case transparente.
Pero un día, Celestino está de mal humor e
Rosamunda desaparece?
Esta historia achéganos a visión da realidade
desde unha perspectiva fantástica, desde os ollos
dun home incomprendido e solitario.
3º PREMIO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
MELLOR EDITADO 2006
MINISTERIO DE CULTURA